sábado, 26 de abril de 2014

Postos expositores seleccionados


Aquí tendes o listado dos postos expositores seleccionados para o MAIO VINTAGE MARKET o 24 de MAIO en BOIRO!!!! 

1. Mel con limón
2. Paxaradas de punto
3. Patricia entreagullas
4. Maria José de entreagullas
5. La caja de retales
6. Argallada
7. Olga.
8. Juan.
9. Charo.
10. Tentaciones
11. Elena Ferro
12. Olaf Artesanía
13. Micocreaciones
14. Nené Son
15. Chicho Farto
16. A pinta negra
17. Ginkgo crafts
18. Ruiz (jose) Artesanía gallega
19. Changó artesanía
20. Velaiven
21. Ruda factoria artesana
22. Artemi.
23. Martin Romero y varios
24. Meigarte
25. Puratiti
26. Mayka Gomez
27. Zoraida diseño.
28. Elena fernandez.
29. Me Caigo muerta
30. Angeles Allegue.
31. Neck*nes
32. Dfieltro
33. Nuca y nena
34. Feito de lua.
35. Mondalironda (Uxía)
36. Ricuras de carmen.
37. Lunares en mayo
38. Labores a medida
39. Corsetería Diffe
40. Natisan
41. Kekos
42. Mimablanco. (Inma dosil)
43. Flor de panhe
44. Casa Curtis
45. Tatoo de henna
46. Floristería pacheco
47. Imán moda
48. Baldani
49. Diane onlooker
50. Susana Diz
51. La buena chica (Mara y Juana)
52. Antoxo de Toxo
53. M&M Creaciones
54. A Gata Moscovita
55. Marga Sampedro
56. Esteban Xabóns
57. Esteban Silva
58. Pruspeladas
59. Crea-caturas
60. A Creba
61. Vox Ánima
62. Cocina de color lila
63. Pepe Hombre
64. Ana Xabóns
65. L´atelier de Lola
66. De Pepa
67. Nº13
68. Librería Nobel
69. Merkafrutas
70. Peluquería L&G
71. Heladería

PROGRAMACIÓN:
Música
- D´j Gafapasta
- D´j Marcos Desoto
- Embrio
- Lakazans
- Ollomol
- Radio-Boiro
- Almost Europe(Fin de festa en A Pousada)
Outros
- Exhibición de TWIST
- Exhibición de peinados vintage- Contraste
- Desfile de moda
- Teatro/circo/magia
Obradoiros
- Obradoiro de Bisutería para nenos (Mel con limón)
- Obradoiro de Marcapáxinas para nenos (A creba)
- Obradoiro de pasta de dentes para nenos (Ana)
- Obradoiro de sales de baño para nenos (Ana)
- Obradoiro de modelado de aluminio para adultos(Látelier de lola)
- Obradoiro de trapiño para adultos (de Pepa)

jueves, 3 de abril de 2014

Aberto prazo de inscripción ata o 24 de Abril!!!


Estamos a traballar na organización do II MAIO VINTAGE que terá lugar nas rúas peoniles de Boiro. Si estás interesado en participar, aquí tendes a convocatoria e instruccións para a inscripción.

::::::::::::::II MAIO vintage market:::::::::::::
Día: SÁBADO 24 DE MAIO (12:00 – 20:00h)
Lugar de celebración : Rúa Peonil Pablo Iglesias e Rúa Borobó, BOIRO
Aberta Convocatoria de inscrición no II Maio Vintage!
>>>>>>>>>>>>>>ATA o 24 de ABRIL!!!!

Maio Vintage nace coa ilusión de apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, a ilustración, a fotografía, artistas relacionados co mundo da moda e a arte, así como promover un espazo de encontro e intercambio de obxectos atemporais e de segunda man.
No Maio Vintage propoñemos a realización de talleres, exposicións e actividades relacionadas coa arte, a música ou a moda. Ao longo da xornada realizaranse diferentes actividades de lecer e entretemento, música en directo e outras colaboracións.

Se queres participar como expositor:
- Envía un correo a: ideasamoreas@gmail.com
- Só poderán participar as persoas que envíen a súa inscrición, antes do 24 de Abril con:
1. Nome, teléfono e mail de contacto.
2. Breve descrición do que vai vender.
3. Fotos, páxina web, blog ou outra info.
4. Espazo lineal que precise.
- A temática e decoración dos postos é Vintage, Pin Up, Retro. Cada expositor xestionará a súa parte do espazo como queira.
- Pode participar todo o mundo: artistas, persoas do mundo da artesanía, do deseño, pequenos comerciantes e cidadanía en xeral que ofrezan un produto divertido e orixinal.
- A inscrición dos expositores é de 10€ para todo o mundo. Unha vez seleccionado por parte da organización, deberá abonar a inscrición 15 días antes do evento, é dicir, ata o 9 de Maio.
- O espazo máximo de ocupación por posto é de 3x3m (podendo valorarse casos especiais).
- En caso de mal tempo o evento pospoñerase para outro día, conservando o dereito a participar no mesmo coa cota aportada.

Se queres propoñer unha actuación, taller, actividade de lecer ou entretemento:
- Envía un correo igualmente a: ideasamoreas@gmail.com antes do 24 de Abril.
- Indica brevemente en que consiste o teu proxecto/taller e orzamento, nome, teléfono e páxina web, blogue ou outra info.

O 29 de ABRIL publicaremos na nosa páxina de Facebook e no blogue os expositores e actividades seleccionadas.
https://www.facebook.com/plataformacreaturas
http://plataformacreaturas.blogspot.com.es/

Para calquera dúbida, ponte en contacto e atenderémosche encantad@s !!!!

Organiza Creaturas
https://www.facebook.com/plataformacreaturas
ideasamoreas@gmail.com

jueves, 3 de octubre de 2013

Save the date con Creaturas

Save the date! O día venres 11 de outubro dende a tarde ata a noite Encontro Creativo no Centro Social de Boiro. Proximamente mais info do evento para toda-las idades.


lunes, 30 de septiembre de 2013

Xeitos de non perder a creatividade: un Club con Antifás

O afamado psicopedagogo Ken Robinson afirma que a base da creatividade é o pensamento diverxente: a facultade de atopar moitas respostas a unha mesma pregunta. No vídeo Cambiando Paradigmas cóntanos que esta capacidade decrece exponencialmente, no mundo occidental, desde os 3 ós 16 anos. Ou o que é o mesmo: os sistemas educativos das "civilizacións máis avanzadas" atrofian a creatividade. Iso si: fabrican adoutrinados consumidores sen criterio moi convintes para as democracias neoliberais.


Pero déixenme que retroceda tres anos antes da aparición deste vídeo nas nosas vidas:

No IES A Cachada dábamoslles clase tres días por semana, pero querían máis. Propuxémoslles tarefas complexas e ata anticipamos conceptos do curso seguinte. Querían máis. Había unha viaxe de estudos e ocurríusenos que o organizasen por si mesmos, na aula: querían máis. Comezamos a reunirnos en horario extraescolar, aprendéndolles as ferramentas con que nosoutras xestionamos o noso traballo e ocio (o recén chegado Google Docs, os foros e páxinas de viaxes); inevitablemente, o noso xeito de entender o mundo filtrouse polos seus poros, e para a nosa sorpresa, a súa inquietude e creatividade reactivou en nós mecanismos que empezabamos a esquencer. A ósmosis perfecta: as súas mentes comezaron a expandirse e a nosa percepción do proceso educativo mudou por completo.
Sabémolo: fai anos que certo profesorado e alumnado partillan o seu tempo libre e rompen as barreiras dunha educación encorsetada e antiga. Pero para nosoutras, aqueles mozos e mozas foron a nosa primeira vez. Xuntos creamos un proxecto no que a creatividade xustifica os medios, e o compromiso coa nosa cultura e planeta é o noso “un para todos e todos para un”.

Así naceu o Club do Antifás, un obradoiro social-creativo do que podedes saber máis na súa páxina web ou agardar por futuras entregas neste blog de adorables Creaturas do lugar...

martes, 21 de mayo de 2013

la buena chica

nace "la buena chica"...o seu non é puro teatro

https://www.facebook.com/pages/La-Buena-Chica/314144818716586?ref=ts&fref=ts


¡Sorteo facebook lote de artículos de Creaturas!

Xentiña! Empezamos a semana co SORTEO dun lote de cousas feitas por Creaturas varias: Camiseta de Pepe Mouriño, Broche de MaraiJuana, Broche pandeireta de A gata moscovita, Anel de swaroski de M&M Creaciones, broche de Diane Onlooker e serie de 3 acuarelas de Loli Regueira. QUERES LEVAR TODO ISTO? Pois telo ben fácil, con estes 3 pasos antes do 28 de maio:

- Dálle " ME GUSTA" á páxina de Creaturas se ainda non eres seguidor.
- DÁLLE "ME GUSTA"a esta publicación.
- COMENTA nela o qué esperas ou che gustaría que fixeramos dende este colectivo.


O día 29 daremos a coñecer a gañadora ou gañador do sorteo a través da páxina sortea2.
Moitas gracias e moita sorte!!!