jueves, 25 de abril de 2013

Maio Vintage Market 2013

A primeira proposta que as Creaturas concretamos chamase Maio Vintage Market e terá lugar o día 4 de Maio de 12.00h a 20.00h na Rúa peonil de Boiro con mercadillo, música, actividades, photocall, piscolabis de balde con cada compra, desfiles de moda, sorteos, mostra de ilustracións e entrevista para o programa radiofónico "El Rincón Clandestino" con Marco Desoto. Ven a visitarnos!!!




E aquí tendes detallada a programación do evento:




viernes, 19 de abril de 2013

Frescas CREATURAS cheas de ideas que compartir


Creadores e creadoras comezamos a nosa divertida e creativa andaina co lanzamento de un video de presentación mediante a canle de youtube, coidado que aí imos...Estades preparados para coñecer ás CREATURAS? Non volo perdades, porque non ten desperdicio!

miércoles, 10 de abril de 2013

Cultura e Cidadanía !!



A cultura é cousa dos cidadáns. Parece obvio. Pois non o é. Nestes últimos anos a cultura foi cousa de políticos, artistas, intelectuais, xestores e unha multitude de interesados. Boa xente. Pero en cultura están despois dos cidadáns.



Para que quede hiperclaro, aquí van algunhas afirmacións rotundas para repensar, propor e xestionar cultura cos cidadáns. Aparentemente sinxelas: de calado.



Os cidadáns, os creativos, as organizacións que sabemos que a cultura serve para crear e manter unha vida digna e un mundo máis humano, denunciamos a marxinación da cultura para o crecemento persoal, común, dos plurais cidadáns que estamos seguros que outro mundo non só é posible: moitos xa o vivimos e querémolo compartir.



Denunciamos a súa opción por confundir a cultura ca soa diversión, o entretemento, o vacio, a salsa rosa, o famoseo impresentable, os museos de inauguración, a chabacanería, e o que soamente pode saír de inauguracións nas súas teles.



Queremos unha cultura ca cidadanía: para a liberdade, a creación, a solidariedade, a corresponsabilidade, as conveniencias, o dialogo, a igualdade de oportunidades.



Queremos unha cultura que respecte escrupulosamente a liberdade de expresión e a pluralidade.



Queremos que a cultura sexa o motor de democracia: aposta por unha cidadanía, unhas cidades e uns países emerxentes, esperanzados, creadores de vida común suxerente con todos.



Queremos unha cultura que nas artes e no cine, o teatro e os libros, a música e a danza, a fotografía e a festa...facilítenos sentido para entendernos, crecer, atoparnos e celebrar as nosas diferencias e a firme vontade de convivir. Unhas artes para a curación, a saúde. Xamais para a anestesia.



Convidamos a tódolos cidadáns e cidadás, a tódalas organizacións civís, a dicir basta ao chulismo mostrado como cultura: freemos a barbarie do enfrontamento e a opción do estéril como cultura para a vida



Declarémonos insubmisos, desobedientes ás súas agresións camufladas de cultura. Son carcoma.



Non queremos unha democracia feble e unha incultura permanente. Aos plurais cidadáns e cidadás vainos nelo, a calidade das nosas vidas.



Optamos por un proxecto de cidade, país e mundo construído e sostido dende a cultura, especialmente dende a cultura.



Faltános o aire que a cultura crea, alenta, imos a soplalo, de novos e renovadamente, como furacán para a civilidade. Con todas as esperanzas.

Temos a forza da liberdade, a enerxía da creatividade e a complicidade da solidariedade corresponsable para logralo. Amablemente. Contundentemente. Dende o diálogo, a suma e a insistencia.



Somos unha multitude. E imos a máis.



Ti non podes ser, aquí, espectador. As túas decisións son imprescindibles. É a túa opinión. Nunca máis calados. Nunca máis obedientes. Sempre creativos, libres e corresponsables. Porque a cultura é civil: vida de cidadáns.



Toni Puig

Especialista en xestión cultural e marketing público. Asesor cultural do Concello de Barcelona desde fai máis de 25 anos. Exdirector do servizo de promoción do asociacioismo do Concello de Barcelona(Torre Jussana) e asesor cultural para diversos gobernos en América do Sul

martes, 9 de abril de 2013

os pasmóns e as constituíntes, un bo título para o que está a suceder nestes tempos co empoderamento progresivo da sociedade civil ante a innacción e desresponsabilización das súas obrigas de goberno ou oposición, dos partidos políticos tradicionais.
no eido cultural tamén está a suceder que como di o moi recomendable artigo do país linkado ao pé deste texto, a cidadanía está a coller a iniciativa. asociacións, plataformas, colectivos culturais, comisións de festas, salas privadas e persoas particulares, están cubrindo e compensando a progresiva merma das axudas públicas ao sector cultural e a caída da oferta cultural institucional.
a cultura segue a brotar, ainda con máis forza, levada pola precariedade da situación pero tamén polo entusiasmo dos milleiros de persoas que tódolos días en galicia, organizan algún acto cultural, sa sexan exposicións, concertos, videofórums, desfiles, obradoiros ou mercadillos creativos como o que estamos a preparar en boiro.  porque como decía galeano "moitas pequenas persoas, en moitos sitios pequenos, facendo pequenas cousas, poden cambiar o mundo", sigamos adiante con este proceso constituinte que empezamos o 8m. mil primaveiras máis para a cultura do noso pobo!

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/07/catalunya/1365352224_323831.html